tag:blogger.com,1999:blog-23103725297685276332024-02-19T17:49:47.291-08:00Converxencia 21 TuiUnknownnoreply@blogger.comBlogger28125tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-91814154447743040882019-07-31T07:14:00.001-07:002019-07-31T07:16:45.130-07:00Webs de C21Vamos manter este blogue (histórico) de C21 en Tui, non obstante a información actualizada poderás encontrala nas seguintes páxinas de internet:

Blog de C21 Tui: https://converxencia21tui.blogspot.com/p/historia-c21-tui.html

Web de Converxencia 21: http://converxencia.eu/

Web de Carlos Vázquez Padín: https://carlosvpadin.gal/

Blog de José Manuel Palacín: https://discusionesbizantinaspalacin.blogspot.com/

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-65627631167355337942018-12-24T09:06:00.003-08:002018-12-24T09:07:14.860-08:00Novo Blog do alcaldeEstamos de estrea, visita o novo blogue de Carlos en https://carlosvpadin.galUnknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-5463742800665715722017-07-12T04:40:00.000-07:002017-07-12T07:51:20.098-07:00Goberno alternativo?

Tratar de constituir un novo goberno é legal, pero tamén e lexitimo e perfeitamente xustificable.

É legal. De feito hai unha reforma legal de 2011 na que os concelleiros transfugas non contan á hora de contabilizar os apoios que precisa un goberno alternativo investido através dunha moción de censura, e aproveito para dicir, que aquí non hai nengún transfuga.

É absolutamente lexítimo que tratemos de constituir un goberno alternativo, e probablemente, de producirse, é o formato mais limpo da historia política galega, e isto é así por varias razóns.

Por coherencia ideolóxica: porque tres dos partidos da oposición son conservadores, e liberal outro, C21. Todo o mundo sabe que os partidos liberais e conservadores poden pactar e soen pactar. Nos dixémolo ducias de veces, fomos e somos críticos co periodo 1991-2015 e continuámolo sendo, diciamos que en Tui non era posible polas persoas, se hai recambio nas persoas remóvese o obstáculo principal. Durante a campaña fomos moi claros, ninguén nos pode reprochar ter conseguido votos prometendo unha cousa e facendo outra. Ninguén. Tamén é verdade que é imposible actuar a gusto dos 1195 votantes que tivemos, algúns enfadaronse connosco en 2015, por apoiar un goberno de esquerdas, outros enfadaranse agora, obviamente non nos alegra, é o que ten a democracia representativa, C21 quere apostar pola democracia directa nalgúns asuntos, como os orzamentos participativos.

Por transparencia total, calquera actuación deste teor soe ser tremendamente oscurantista, non desde logo neste caso. dixemos públicamente que estábamos dispostos ao pacto e puxemos condicións ao mesmo, tanto de renovación de persoas como de liña programática e ambas cousas foron feitas públicas cunha nota de prensa a primeira en xaneiro e cunha roda de prensa o 1 de xullo a segunda, o alcalde sabiao desde outubro de 2016 como recoñeceu en prensa e non moveu un dedo para abrir un diálogo que contribuise a evitalo.

Lexitimidade democrática absoluta: os partidos que estamos na oposición obtivemos máis votos e máis concelleiros que os que están no goberno. É mais, non ten uns principios democráticos moi firmes quen cre que están mais lexitimados para gobernar 8 concelleiros que 9. Lembremos ademais que o señor Cabaleiro é alcalde sen ser candidato da forza máis votada e que o PSOE acaba de presentar unha moción de censura na que obterían a alcaldía en Valdemoro, localidade na que foron cuarta forza. Por certo, estase esquecendo interesadamente que C21 foi a terceira forza máis votada en Tui, desde as elección ninguén se preocupou en lembralo, somos diferentes, somos innovadores e portanto incómodos para os inmobilistas.

Deixamos un tempo máis que prudencial para coñecer como funcionaba o goberno, é obvio que en dous anos non se poden resolver todos os problemas de Tui pero tamén puidemos ver atitude, a capacidade de xestión e os resultados. Plantexar un goberno alternativo uns meses despois de ter investido a outro tampouco sería correcto, non da tempo a avaliar ao goberno, obviamente non é o caso, acabamos de pasar o ecuador do mandato.

Un hipotético novo goberno é totalmente xustificable, lembremos que apoiamos a Enrique Cabaleiro na investidura cumprindo a nosa promesa eleitoral de que nunca fariamos alcalde a Rocha nen por activa nen por pasiva. Podiamos ter tentado conseguir a alcaldía nese momento e non o fixemos, obviamente isto destroza moitos relatos interesados, eu podería moi probablemente ter sido elexido alcalde no 2015 ou cando menos xogar as miñas bazas nese sentido e non o fixen.

Fixemos o correcto, cumprir a nosa promesa eleitoral de apoiar ao candidato alternativo a Rocha e non entrar no goberno, pero todos sabemos que o cumprimento dos programas brilla pola sua ausencia na política española. En política moi pouca xente cumpre o programa cando vai en detrimento das suas opcións de tocar poder, vimos despois con certa sorpresa que o alcalde e o goberno non nos agradeceron en absoluto o apoio, e iso resultou ser o preludio da atitude que vimos no goberno nestes dous anos, desde o inicio C21 tendeu a man ao goberno e ofrecemonos como socio estable exterior ao goberno, a nosa proposta non foi aceptada, en seguida vimos a estratexia, a C21 nen auga. Non só evitaron o diálogo connosco senón que a nivel de formas non se comportaron correctamente.

En todo o que levamos de mandato non se aceptou unha soa proposta de C21, nen a supresión ou rebaixa do imposto da plusvalía de cara aos orzamentos do 2016, nen pequenas cousas simbólicas como as consultas por internet ou o reloxo antidebeda, cuestións de importancia menor pero que puxeron de manifesto que había unha consigna clara de evitar calquera influencia nosa no concello. Tremenda torpeza política a de golpear a quen renunciando a posibilidades propias te facilitou o aceso ao goberno.

Fixemos en todo momento unha oposición construtiva e fomos pagados con desplantes e incluso con acusacións de xenofobia. En definitiva non somos masocas nen martires e temos o compromiso cos nosos votantes de tratar de aplicar o noso programa na medida que poidamos, con este goberno quedou claro que a capacidade de influencia era cero, cun goberno en minoría!!.

Tamén é xustificable, por moito que agora fagan fotos os oito membros do goberno xuntos nunha manobra propagandistica, o goberno actuou como catro compartimentos estancos durante todo o mandato, e a proba é que o único proxecto relevante que lanzou este goberno é a abertura da rua Ourense, o BNG implementou a peonalización que lle deixou praticamente todo feito o anterior goberno do PP: a ordenanza, os bolardos automáticos, etc, e vai sair en pouco tempo o PEPCH que tamén deixou o anterior goberno do PP moi avanzado, é dicir, proxectos propios a abertura da rua Ourense e sendo moi xenerosos (como sempre fomos), xa que non está ainda aberta, non houbo estratexia común de nengún tipo nen acordo programático previo á constitución do goberno. Puxeron o carro diante dos bois, non significa que fixeran todo mal, pero o balance de xestión é mediocre.

E finalmente, un goberno que constituisemos os nove concelleiros da oposición sería moito máis novo en idade que o actual goberno, estaría composto por unha inmensa maioría de concelleiros que entraron por primeira vez no concello en 2015 e en 2017, supondo un relevo xeneracional profundo e definitivo no concello do que non pode presumir o goberno actual e sobre todo a presenza de C21 nun papel relevante garante que o cambio é real e non o digo eu senón que o di o nervosismo dalgúns que saben que C21 é unha organización xenuinamente progresista, con capacidade de xestión, con probado amor a Tui e con visión estratéxica, se acreditasen de verdade que o que se propón é unha volta ao pasado, ou unha manobra lampedusiana, de cambiar para que todo siga igual, estarían moito máis tranquilos, darian por feito o apoio masivo nas eleccións do 2019 pero teñen serias dúbidas de que o goberno que os pode sustituir non fose máis eficaz, participativo e transparente e desde logo moitísimo mais cohesionado e coordenado que o deles, dai probablemente a histeria dalgúns.

Fago un chamamento á calma, a catedral seguirá no mesmo sitio, tanto se segue este goberno como se non deberiase aceptar como un acto de plena normalidade democrática, é comprensible que os nosos adversarios nos critiquen, forma parte consustancial do xogo político, pero non que nos difamen utilizando calquera cousa, como mentiras para espallar dúbidas sobre o meu compromiso co esclarecimento no acidente de Angrois ou gravísimas instigacións ao transfuguismo ao meu compañeiro Eduardo ou que se dediquen exclusivamente a facer ataques persoais sen argumentos á miña persoa, non vamos tolerar un linchamento antidemocrático, esperemos que, pase o que pase, todo se desenvolva con tranquilidade e con contraste de argumentos a favor ou en contra do goberno ou a favor ou en contra da proposta alternativa. No que de min dependa, se paso a estar no goberno, podo asegurar que este será moito máis dialogante que o actual pese a que contaría con maioría absoluta, a diferenza do actual.

En suma, governo alternativo? Depende dun acordo programático público previo ao que non se chegou ainda.

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-4753450784377938952017-05-25T16:49:00.000-07:002017-05-25T16:53:02.038-07:00Posicionamento de C21 Tui a respeito das demisións anunciadas no pleno de maio

Por parte de C21 correspondenos respeitar os procesos persoais e políticos que levaron a presentar a anunciar as suas demisións no pleno de onte 25 de maio a Antonio Fernández Rocha, Manuel González e José Manuel Sousa, voceiros municipais respectivamente de PP, CTs e APG. Todo o protagonismo nas causas e motivos desa decisión correspondelle, como non podería ser doutra maneira, a quen a tomou.

C21 non vai interferir, nen comentar de ningunha maneira os procesos internos das demais formacións políticas, igual que pedimos respeito á independencia política e organizativa de Converxencia 21, entendemos que os demais tamén o merecen.

Ao igual que sempre o estivemos, continuamos abertos a un diálogo de carácter programático coas forzas políticas que, xunto a C21, configuran a oposición no concello de Tui.

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-67941148682573394912017-03-02T07:13:00.000-08:002017-04-26T12:37:28.989-07:00Que faria o novo goberno?

C21 ven de propor ao Partido Popular e aos partidos da sua órbita un pacto para configurar un novo goberno, non sei se vai producir ou non, pero coido que os tudenses merecen saber que é o que faría ese novo goberno, ou cando menos que é o que proporía C21 que debería facer ese novo goberno.

En primeiro lugar darlle un forte impulso á participación cidadá que está na actualidade en estándares peores que os do anterior alcalde, nos proporiamos a instaturación da figura do 18 concelleiro, é dicir, se unha persoa física ou xurídica reúne un número determinado de asinaturas puidese presentar e defender esa proposta ante o pleno, tamén defendemos a implantación de orzamentos participativos nas parroquias, cada parroquia, dentro dos recursos disponíbeis, fixaría democráticamente as suas prioridades de investimento. Por suposto, dentro dun limite razoable e do debido respeito o público podería facer cantas preguntas considerase oportunas nos “Rogos e preguntas” do público, cousa que agora non pode facer.

Desde a perspectiva fiscal C21 suprimiría o imposto da plusvalía e fortes bonificacións do ICIO, especialmente no casco vello, tamén hai moito campo de mellora na eficiencia da recollida do lixo, hai moito percorrido para apostar pola reciclaxe e a compostaxe reducindo a factura de SOGAMA e obtendo uns ingresos pola venda do material reciclable. As baixadas de impostos atraen actividade e a actividade acaba producindo a medio prazo aumentos de recadación, non vamos prosperar convertindo Tui no inferno fiscal ao que aspira a esquerda.

Convertiriamos a Tui nun concello business friendly, é dicir, amigable para os negocios, para atraer capital privado e poboación, algo imprescindible para relanzar a decaidísima actividade económica. E non facéndolle favores a ninguén, simplemente baixando impostos e mellorando a axilidade coa que o departamento de urbanismo tramita as licenzas. Tamén impulsaríamos a seguranza xurídica, os empresarios e autónomos teñen que ter seguridade xurídica para investir con confianza.

En relación ao uso do remanente de tesouraria proporiamos a abertura completa da rua Ourense, cara o sur (xa en marcha) como cara o norte, cara a Avenida da Concordia, tamén habería que relanzar o proxecto de paseo natural á beira do rio desde Caldelas a Areas, compraríamos a faixa de terreo necesaria para ampliar o nº1 e poriamos eses terreos a dispor da Xunta para a ampliación do Colexio. Executar o PXOM no que se refire á Area Panorámica convertindoa en zona verde e de lecer e para compensar a perda de prazas de aparcamento, habería que convertir as zonas de aparcamento en liña en aparcamento en espiga e as direccións únicas que permitise xerar a abertura da rua Ourense implantar tamén aparcamento en batería ou espiga (idea xa esbozada polo actual goberno). Unha parte do remanente ficaria sen gastar, para ir acometendo proxectos nos vindeiros anos, mentres anos se poderia investir, se hai encaixe legal, que coido que o hai, en bonos do tesouro.

O casco vello é moi importante, o futuro de Tui como polo de atracción turística, ainda que non é doado hai que ver formulas que permitan restaurar o Teatro Principal e en relación ás casas que están con expedientes de derribo en marcha, máis de 10, se os propietarios se desentenden delas, subastalas a baixo prezo para particulares dispostos a rehabilitalas, tratar de implicar ao Instituto da Vivenda e o Solo na rehabilitación das que non se puideran vender a particulares. É moi importante tamén o soterrado do cableado e aproveitar para meter fibra óptica e gas por todas as ruas, o Plan Director do Consorcio teno previsto, compre tamén virar dun modelo de lecer nocturno a un de lecer diurno orientado ao turismo e aos tudenses. Continuariamos co proxecto de peonalización actual, coa perpectiva de ilo aumentando, seguiríamos tamén a tramitación que está a levar o BNG do novo PECH, non é perfecto pero non podemos seguir esperando, levamos neste asunto 20 anos de retraso, como en moitas outras.

Compre tomarse a Eurocidade en serio, un proxecto de carril bici que unise Tui e Valença sería un proxecto que reforzaría a integración entre Tui e Valença, primeiro hai que dotar a entidade de personalidade xurídica propia. En relación á cuestión industrial habería que por toda a carne no asador para conseguir dunha vez a execución do acceso do Polígono de Areas á VAC.

Desde logo non sería un goberno continuista nen regresivo, senón máis progresista que o actual, máis innovador e moito pero que moito máis reformista. Estou convencido que é o proxecto que Tui precisa para gañar o futuro.

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-17677543471382634022016-12-30T02:38:00.001-08:002017-07-02T22:09:47.821-07:00Profunda decepción

Cando o ano 2016 toca ao seu fin e tras ano e medio de exercicio do poder polo novo goberno municipal xa podemos facer valoracións sen temor a estar xulgando sen información, ainda que sempre dentro da subxectividade humana, salvo Yolanda Rodríguez, ninguén está na posesión da verdade absoluta. A decepción que sentimos en C21 a respeito do novo goberno, o mesmo cuxo alcalde nós apoiamos incondicionalmente na investidura é profunda e fácilmente argumentable.

Pero queremos comezar deixando claro e afirmando algo que todo o mundo puido comprobar nos plenos do que levamos de mandato, a oposición en xeral, e C21 en particular, foi tremendamente moderada, construtiva e responsable, como o alcalde recoñece en privado, se a este factor lle sumamos que o goberno está en minoría, ao contar con 8 concelleiros, frente a 9 da oposición, as condicións estaban servidas para que o goberno estivese especialmente agradecido e tivese un comportamento especialmente fino e receptivo coa oposición en xeral e moi especialmente con quen o apoiamos na investidura, renunciando naquela altura a calquera intento por maximizar as nosas posibilidades de obter cotas moi importantes de poder.

Unha cousa é ser construtivo e outra colarlle ao goberno os dous supositorios que nos quixeron meter no pleno de decembro, un aumento de gasto en limpeza de 112.000 a 227.000 ou unha ordenanza acústica, incomprensible e que contempla no seu réxime sancionador, multas de até 300.000 €. Obviamente somos ferreños defensores do dereito ao descanso dentro da propiedade de cada un e entendemos que o concello ten que licitar o servizo de limpeza, pero se van pola vía unilateral e en contra do noso criterio e queren duplicar gasto ou derivar cara unha hiperregulación totalitaria obviamente non van contar co apoio de C21. É penosa a falta absoluta de talante negociador do goberno local, compre advertirlles que non pretendemos ser os parvos uteis de ninguén. A nota de prensa emitida polo concello despois do pleno non demostra ánimo rectificatorio algún.

Encontrámonos ademáis cun goberno que non está á altura nen no fondo nen nas formas, é verdade que o goberno non é un todo, hai atitudes mais receptivas, pero desde o partido que lidera o goberno e ocupa praticamente todo o núcleo de poder municipal (alcaldía, urbanismo, facenda, persoal, tráfico, obras, etc), é dicir, o PSOE e desde o da agrupación máis pequena do goberno, Son de Tui, só nos temos encontrado con prepotencia e ataques, incrible pero certo, atacar a unha formación, como C21, que os apoiou na investidura e que está a facer un labor no concello construtivo e responsable, pero tampouco somos masoquistas.

No que se refire ás formas estamos ante un paso atrás con respecto ao anterior alcalde, que mantivo sempre as formas ante unha oposición moito máis dura que a actual e que foi moi flexible nas intervencións do público nos rogos e preguntas, tendo en conta que contaba con maioria absoluta e podería terse permitido maiores restriccións neste sentido. O Enrique Cabaleiro pausado da oposición virou nun alcalde con frecuentes tics autoritarios e que non dubidou en realizar ataques persoais, ao noso voceiro chegoulle a dicir que era éticamente o pior dos 17 membros da corporación, en varias ocasións cortou ás persoas do público de forma claramente prematura e incluso nalgunha cuestión non lles respostou á pregunta ou rogo formulado. O señor Capón intervén en case todos os puntos o que deixa nunha situación de indefensión aos voceiros da oposición que xa esgotaron as suas quendas, de agora en diante vamos ter que exixir outra quenda para respostar ao señor Capón.

O concelleiro de Son de Tui chegou a chamar xenófobo ao noso voceiro por levar unha proposta precisamente para que as fronteiras europeas seguisen abertas. Toda a responsabilidade demostrada por C21 foi pagada con ataques mesmo de índole persoal totalmente inxustificados, se este é o comportamento dun goberno en minoría e fraco pola sua propia configuración multipartita como sería un goberno de un ou de dous partidos integrado por exemplo polo PSOE e polas Mareas de Podemos que contase con maioría absoluta?.

Desde o inicio do mandato transmitimos ao alcalde que como partido liberal tiñamos moitas dificultades para nos integrar nun goberno de esquerdas pero que estábamos dispostos a ser o socio externo que o goberno precisaba para sacar os asuntos importantes adiante, entre eles, os orzamentos, tentamos negociar con eles os orzamentos do 2016, só lles pedíamos para votar favorablemente a implementación dun punto do noso programa eleitoral, a supresión do imposto da plusvalía que representaba unha restricción orzamentaria de menos dun 1%, non aceptaron.

Mesmo nun momento determinado, a principios de 2016 chegamos a ofrecernos a integrarnos no goberno, pero claro, non nun papel de comparsas, senón cun reparto de poder correspondente a termos sido a terceira forza máis votada, lembremos que o PSOE ten a alcaldia grazas ao noso voto e foi a segunda forza nas eleccións, e a non ter nengún interese en inmolarnos no altar do poder socialista, un papel que nos permitise influir de veras, pedimos ocupar a alcaldía o último ano e medio de mandato, escaso premio para quen poderia ter tentado ocupala os catro anos, foi un erro ofrecerse, o segundo e derradeiro erro de inxenuidade, pensando que o PSOE estaría disposto a actuar coa mesma boa fé que nos actuamos.

O dos orzamentos é o caso máis claro, pero a consigna foi sempre a mesma, a C21 nen auga, e nos temos o dereito a nos preguntar, nen auga ao grupo que renunciando a outras saidas te apoia na investidura sen condicións?, o desagradecemento e a falta de visión política teñen en Tui o nome de PSOE e de Son de Tui. Sairon adiante propostas nosas co apoio do resto da oposición, pero o alcalde non as implementou coa excusa de que non eran competencia plenaria, eran propostas que custaba moi pouco implementar, a colocación dun cronómetro que marcase o tempo desde que o concello quedou sen débeda e as consultas populares con carácter potestativo e non vinculante a través da web. Onde quedou o famoso talante zapateril? No que levamos de mandato non houbo nen un só xesto político en positivo.

En relación ao balance de xestión o listón deixado neste terreno estaba baixo, e probablemente en liñas xerais estemos ante un goberno que mellorou lixeiramente na xestión global, ainda que non en áreas como facenda e deportes, o urbanismo segue dando problemas, pero funciona lixeiramente mellor que no anterior mandato, parece que vai adiante a abertura da rua Ourense co apoio responsable da oposición, algo longo tempo agardado, facenda segue nunha liña continuista, con reparos case idénticos do interventor aos que facía no anterior mandato, enxérgase a orientación socialista, cando poidan encontrarémonos cun forte aumento de gasto público, de persoal no concello, de subvencións clientelares e por suposto un forte aumento de impostos para financiar o anterior, C21 evitou, en colaboración co resto da oposición, a suba do IBI.

Deportes funciona francamente mal, o concelleiro do ramo está actuando con nepotismo, improvisación, malgasto, desorganización, razoable a xestión en Cultura ainda que vemos unha forte propensión ao gasto, parecenos excesivo os máis de 80.000 euros gastados en San Telmo, co PP gastábase menos de 20.000. Tráfico toma unhas decisións incomprensibles ás que non se lles ve beneficio algún, como o acontecido en Riomuiños, e despois mostra unha teimosía moi difícil de explicar. O novo capataz de obras, colocado polo alcalde por libre designación, desautoriza ao concelleiro de Medio Rural. Os concelleiros do BNG son dialogantes e actúan de boa fé ainda que non sempre atinan e van lentos na implementación de reformas, un acerto deles a nova sinalización do casco histórico, os feitos da xestión ainda se fan agardar, están maniatados e maltratados por quen controla o goberno, e parece que se someten sen chistar, a sempiterna fidelidade canina do BNG ao PSOE.

O goberno parece estar moi fracturado en dous bandos, cando ainda non chegamos nen á metade do mandato, e iso comeza a reflectirse na parálise dalgúns asuntos de gran importancia, a maior parte dos plenos están vacios de contido e non acaba de tramitarse o gran asunto do mandato e probablemente da década, os proxectos a financiar co remanente de tesouraría. Francamente o desempeño deste goberno é claramente mellorable e cando acaba o ano non hai perspectiva algunha de que vaiamos a ter orzamento para o 2017. O alcalde non está demostrando posuir o empuxe nen a lideranza que Tui precisa para sair do seu declive.

Así as cousas é obvio que C21 non ten ningún motivo, nen polo ben de Tui nen coa implementación do noso programa en mente para estar satisfeitos co sentido do noso voto na investidura nen co panorama actual. Levámolo dicindo desde as eleccións, C21 estaria disposta a falar de alternativas cun centro-dereita no que as persoas que ocuparon postos de responsabilidade nos gobernos entre 1991 e 2015 deixaran paso no concello a outras dos seus mesmos partidos.

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-70162219280103484152016-09-30T08:09:00.001-07:002016-09-30T08:57:03.235-07:00O transporte na Área Metropolitana

Despois da retirada da orde do día no pleno de xullo da proposta do goberno local da integración de Tui no ente administrativo político denominado Área Metropolitana de Vigo, coido que é importante non confundilo coa realidade económica e demográfica do mesmo nome, Enrique Cabaleiro comprometérase a traer de novo en setembro a pleno a proposta, cando constatamos, ao receber a convocatoria de pleno, que non cumprira a sua promesa, a Executiva Local de C21 decidiu presentar unha moción de urxencia para lograr que un tema de importancia capital para Tui fose debatido con luz e taquígrafos ante a reticencia do alcalde a traelo a debate e votación.

Neste momento no que todos os concellos da comarca están debatindo e pronunciandose sobre o tema considerábamos importante que o pleno se pronunciase sobre este asunto, é relevante informar que antes do pleno de xullo, convocamos aos tres partidos da oposición; PP, CT e APT para convencelos da insensatez que suporía entrar na AM e naquel momento conseguímolo, de feito o alcalde tomou en xullo a decisión de retirar o punto da orde do día porque en xunta de porta-voces. antes do pleno decatouse de que perdería a votación.

No pleno de onte, a moción de rexeitamento á entrada na AM recibiu o apoio de C21 e APT, mentres que PP e CT mudaron de opinión e abstiveronse e votaron en contra os catro partidos que integran o goberno. Non podemos evitar lamentarnos de que o BNG, que sempre mantivo a retórica de que había que pechar as deputacións, agora aplauda impertérrito á creación doutra deputación.

Esta mañá chegaronnos queixas de usuarios do transporte que nos critican con dureza por non querer entrar na AM, co abaratamento do transporte que a eles lles reportaría. O primeiro que compre aclararlles é que C21 ten dous concelleiros e na corporación somos 17, é dicir, C21 ten unha capacidade de influencia moi limitada sobre as decisións do pleno.

Con respeito á cuestión do transporte vamos plasmar nunha serie de puntos porqué non consideramos beneficioso o subsidiamento do transporte para ir a Vigo:

É un abaratamento artificial, a empresa deixaría de ingresar de forma directa unha cantidade que lle sería ingresada vía subsidios financiados con impostos, é dicir o custo segue sendo o mesmo só que os usuarios deixarían de pagar unha parte que pasarían a pagar os contribuintes, é dicir, os usuarios aforrarían e os contribuintes, incluindo os que son pobres e non collen nunca o autobús pagarían o transporte dos que si apañan o autobus.

Pretender que os contribuintes paguen o transporte dos usuarios é sinxelamente inxusto, claro, é fantástico para o que paga menos pero é inxusto, é unha transferencia de custos aos demais, aos que non collen o autobús, incluindo por exemplo a unha familia humilde de Caldelas, Pexegueiro ou Ribadelouro que paga impostos e taxas e ao que ese autobús non lle presta nengún servizo.

Claro que entre as persoas que necesitan o autobús para ir a Vigo hai xente moi apretada económicamente á que un abaratamento do autobús lle suporía un alivio importante, pero iso non xustifica que para aliviar a uns apretemos a outros igualmente necesitados.

Temos que ter clara a relación de gasto público con ingreso público, é dicir con impostos, se todos pedimos máis e máis gasto público podemos estar seguros de que o vamos pagar por outro lado. Non é compatible un programa eleitoral que prometa máis gasto e menos impostos, nas municipais habia varios, o de C21 promete menos impostos e menos gastos.

Non vaia ser o demo que os que agora montan en colera porque C21 non está de acordo en que os contribuintes paguen o autobus aos usuarios se queixen no futuro pola suba de taxas e impostos que eles coadxuvaron coa sua petición de transporte subsidiado.

Neste pais o sistema político contribuiu a crear e consolidar unha idea falsa, a de que hai cousas que son gratis, que non teñen custo, oimos con frecuencia, sanidade gratuita, educación gratuita, etc, etc. Pois ben, é mentira, repetimos, é mentira, a sanidade non é gratis, a educación tampouco, nada é gratis, hai que facer as escolas, os hospitais, pagarlle ao persoal, os medicamentos, o material, etc, repetimos, non é gratis. Outra cousa é como se paga e se a calidade do servizo corresponde ao que pagamos, pero non é gratis, por moito que coincidan PP, PSOE, BNG e Podemos neste punto.

O sistema segue instalado na ocultación dos custos de todo, non estamos sentando os pilares dunha sociedade máis responsable, todo o contrario, estamos incentivando as decisións irresponsables, en C21 estamos de acordo en garantir un aceso universal, a determinados servizos, pero non se debe facer ocultando os custos e impedindo a escolla, como na actualidade. Fixadevos se hai ocultismo que ninguén fala de que a caixa das pensións quebrará nun ano e medio.

Os políticos intervencionistas ocultan os custos porque da votos, sempre hai grupos agradecidos de que o político lles page con diñeiro dos demais determinados custos que así se aforran, non se dan conta que unha sociedade que funciona así non vai polo bo camiño.

C21 prefire dicir a verdade ainda que ás veces supoña perda de votos, somos diferentes, a verdade na política non abunda, C21 vai coa verdade por diante, mesmo verdades incómodas e que nos fan crear inimigos en grupos que lles deben favores á política ou que ainda non llos deben pero queren recibilos. Non nos engañemos, a clase política é un reflexo da sociedade, neste pais hai demasiada xente pendente de que os demais lle paguen o que el considera moi necesario pero non quere pagar, pero todo se paga, e todos somos contribuintes e todos acabamos pagando as prebendas que os políticos intervencionistas reparten para gañar votos.

Tamén hai consideracións doutro tipo, un abaratamento artificial do transporte crea un efecto succión cara Vigo, crea un incentivo para coller o autobús con máis frecuencia e ir a Vigo con mais frecuencia; evidente, e non nos interesa drenar actividade cara Vigo.

Para estar no servizo de transporte da AM, de entrada hai que financiar o custo da estrutura central da AM, é dicir, a repercusión en impostos é moito maior que o retorno en subsidios para o transporte, de entrada unha suba forte do IBI e despois o demais tendendo á igualación fiscal con Vigo, que ten unha presión fiscal moito maior que Tui. Sí somos culpables, queremos seguir pagando menos impostos que en Vigo e se poden ser menos dos que pagamos agora ainda mellor.

A entrada na AM supón unha perda brutal de autonomia local e unha subordinación total a Vigo en decisións que son estratéxicas para Tui, a Lei da AM está en internet, animamosvos a lela.

Dicir a verdade se cadra non da votos, pero os que coas suas reaccións virulentas ante a verdade incentivan a mentira que non se queixen despois de que os políticos son tal e cual.

Son do governo, estou aqui para te axudar, di o político, mentres rouba a
carteira do contribuinte e lle da unhas moedas

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-28130289820716208022016-02-25T09:36:00.006-08:002016-02-25T09:43:02.691-08:00Moción de urxencia sobre petición de supresión das deputacións provinciais.

Pleno 25/02/2016

Dado que:

-As deputacións provinciais son nichos de ineficiencia e corrupción e que gastan máis dun 42% dos seu orzamento en sí mesmas.

-Que no caso galego a provincia é un demarcación artificial.

-Que as deputacións provinciais se acabaron constituindo como axencia de colocación nepotista dos partidos que as gobernan.

-Que se constata de forma repetida que o reparto dos seus fondos se fai con criterios partidistas.

-Que España e Galicia precisan dunha racionalización administrativa que elimine ineficiencias e custos aos contribuintes.

-Que non ten sentido algún manter a superposición das estruturas provinciais, propias dun Estado centralizado, coas estruturas autonómicas, propias dun Estado descentralizado.

-Que uns concellos aos que se transfira directamente unha parte do que hoxe se malgasta nas deputacións serian autosuficientes.

-Que este debate está de máxima actualidade e convén portanto pronunciarse como parte interesada neste momento.

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN:

-Que o pleno do concello de Tui se manifeste a favor da supresión das

deputacións provinciais.

Grupo municipal de C21

Fonte: "el español"

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-20500147670143776852016-02-25T09:35:00.003-08:002016-02-25T09:37:32.351-08:00Moción de urxencia sobre instalación dun cronómetro anti-débeda.

Pleno 25/02/2016

Dado que:

-Neste momento Tui é un dos poucos concellos de Galicia e España que está nunha situación de débeda cero.

-Que isto hai que vélo como unha situación positiva a valorar e consolidar.

-Que Tui ten a oportunidade de ser pioneira neste asunto o que sería un primeiro paso para reucuperar a relavancia que nos corresponde por historia.

-Que hai concellos en Europa, cónstanos o caso de Dusseldorf que teñen instalado un reloxo ou ronómetro que mide o tempo que pasou desde o momento en que o concello se desendebedou por completo.

-Que é moi positivo e necesario dificultar futuras operacións de malgasto e endebedamento desde o punto de vista simbólico.

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN:

-Que o concello proceda a instalar un cronómetro que mida minutos, horas, dias e anos desde o momento en que o concello de Tui ficou sen débeda algunha cos seus acredores.

Grupo municipal de C21

Xanela no concello de Dússeldorf co cronómetro anti-débeda

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-86806471034226784422016-02-25T09:29:00.001-08:002016-02-25T09:37:41.598-08:00Moción de urxencia sobre realización de consulta sobre mantimento ou supresión da raiña das festas de San Telmo.

Pleno 25/02/2016

Dado que:

-Sen entrar no fondo, que non é o obxecto desta moción, é evidente que a idea lanzada polo goberno de suprimir a figura da raiña das festas está xerando polémica e división.

-Sería bo deseñar un procedemento vía internet para consultas populares sobre os asuntos que o pleno e o goberno considerase oportuno preguntar aos cidadáns de forma consultiva, non vinculante, dado que o proceso de voto en internet ten limitacións de representatividade, xa que os novos teñen máis aceso que os maiores, xerando un determinado nesgo.

-É sempre positivo camiñar cara mecanismos de democracia directa, polo menos nalgúns asuntos.

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN:

-Que o concello proceda a consultar através da sua web cal é a preferencia da cidadanía en relación á conservación ou non da figura da raiña e as damas das festas.

Grupo municipal de C21

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-7899202796853573042016-02-03T05:33:00.000-08:002016-02-03T05:33:04.364-08:00O luns de entroido, novo festivo

No pleno de setembro pasado foi aprobada unha proposta de C21 que pretendía que o festivo local do martes de entroido pasase ao luns, para a sua aprovación ademáis dos votos dos dous concelleiros de C21 foi necesario o apoio doutros sete concelleiros de PP, CST e APT, é dicir toda a oposición municipal apoiou o noso voto particular, mentres que os oito concelleiros do goberno municipal votaron en contra.

Cando xa nos achegamos ao entroido coidamos que volta a ser necesario explicar as razóns que nos levaron a propor o cambio do día festivo do martes ao luns. O primeiro motivo é favorecer o aumento da produtividade, os luns e os venres son os días de menos produtividade, calquera festivo en medio da semana (un martes, mercores ou xoves), xera dentro da mesma semana, a efeitos de produtividade, dous "luns" e dous "venres", as organización empresariais propuxeron xa pasar os festivos aos luns para promover desta maneira a produtividade nas empresas e a competitividade da economía.

O propio presidente do goberno, Mariano Rajoy, dixo na sua investidura a finais do 2011 que sería conveniente trasladar os festivos aos luns, asunto que como moitos outros o PP foi incapaz de implementar.

Un segundo argumento é a mellora do descanso, pór o festivo no luns contribue a mellorar o descanso ao unificar o festivo coa fin de semana e dando máis flexibilidade a quen queira viaxar.

Entre os argumentos en contra da proposta de C21 hai dous que se teñen repetido con máis frecuencia, o primeiro é o da tradición, defender sen máis unha tradición, sen dar nengún argumento máis a favor demostra unha mentalidade inmobilista, tendo ademáis en conta que o martes de entroido foi instaurado como festivo hai uns vinte anos, sendo o señor Capón alcalde, non é precisamente unha tradición milenaria. Ademáis, decataronse de que San Telmo, o outro festivo local, non é na data da onomástica de San Telmo, senón sempre un luns?

A segunda obxección é que o desfile tamén se facía en martes porque era máis facil organizalo, pois ben, organizar o desfile en luns é máis favorable ao non coincidir con desfiles en localidades próximas o que facilita a atracción de comparsas e de público, esta obxección tampouco é de moito peso.

C21 predica co exemplo e usa a sua capacidade política para tomar medidas que melloran a vida dos cidadáns, non é serio seguir lamentándose da crise e dos problemas que atravesa moita xente se despois non facemos todo o que podemos por combatela, mesmo pequenas cousas, que van na boa dirección, como que os dous festivos locais se celebren en luns. Un pequeno paso para facer de Tui unha localidade máis amigable cos negocios (business friendly).

Aqui vos deixamos o audio dunha entrevista a Carlos Vázquez Padín na Radio Tui na que se fala do asunto do festivo de entroido a partir do minuto 15.

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-45435188196095826182016-01-30T09:05:00.000-08:002016-01-30T10:46:54.158-08:00Moción de urxencia: “En defensa do acordo de Schengen”

A seguir o texto da moción que presentamos no pleno do día 28/01/2016 e que quedou enriba da mesa a proposta do PSOE que foi aceptada por C21 para encontrar unha redación que satisfacese a todos:

O Acordo de Schengen é unha convención entre países europeos sobre unha política de abertura das fronteiras e libre circulación de persoas entre os países signatários. Un total de 30 países, incluindo todos os integrantes da Unión Europea (excepto Irlanda e Reino Unido) e tres países que non son membros da UE (Islándia, Noruega e Suíza), asinaron o acordo de Schengen.

Na actualidade este acordo está a ser posto en causa polas diferenzas entre algúns dos distintos paises que o asinaron sobre como lidar coa crise dos refuxiados, non é obxecto desta moción entrar no fondo desta crise e das suas posibles solucións, o que nos debe ocupar e preocupar como administración local dunha cidade fronteiriza é facer o que estea nas nosas máns para defender a libre circulación entre os distintos paises xa que é algo que nos afecta de forma moi directa e significativa.

A quebra de Schengen teria efeitos moi perxudiciais sobre a economía europea en xeral e das poboacións transfronteirizas en particular e causaría inumeros trastornos na vida diaria de moitas persoas que vivimos perto das fronteiras e hai moitos opinadores e lideres políticos, comos os primeiros ministros francés (socialista) e holandés (liberal) que cren que é unha seria ameaza á propia existencia da Unión Europea, mesmo no curto prazo.

É portanto imprescindible que as administracións locais de toda a UE, especialmente aquelas máis próximas das fronteiras traslademos a máxima presión política aos mandatarios da UE para que a preservación de Schengen sexa dunha prioridade máxima, un logro irrenunciable para a liberdade e prosperidade dos nosos pobos.

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN:

-Que o pleno do concello de Tui aprovar esta resolución en defensa do acordo de Schengen e que posteriormente sexa trasladada a todos os municipios fronteirizos de Galicia cun chamado para que se unan a esta iniciativa.

-Pactar no seo da eurocidade que nos vincula con Valença do Minho unha resolución conxunta que por sua vez sexa trasladada á Comisión Europea, aos primeiros ministros español e portugués, ás federacións nacionais de municipios e á confederación europea de municipios.

Carlos Vázquez Padín

Porta-Voz do grupo municipal de C21

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-22286791331932671152015-12-17T09:34:00.000-08:002015-12-17T10:23:50.648-08:00Petición de C21 para votar favorablemente o orzamento

Nos pasados días o noso voceiro, Carlos Vázquez Padín estivo reunido co alcalde, Enrique Cabaleiro para sondexar mutuamente a intención do goberno e de C21 de cara á aprobación dos orzamentos, inicialmente o alcalde trasmitiulle a C21 unha petición de abstención, que sería suficiente para que os orzamentos puidesen sair adiante cos oito votos favorables do goberno, desde C21 declinamos esa posibilidade, dixemos que votariamos si ou non, ante a votación máis importante do ano, a dos orzamentos, non nos parece adecuado pornos de perfil, xa nos pesou votar incondicionalmente a investidura, cousa que ninguén nos agradeceu, e non queremos cometer o mesmo erro.

Como xa dixemos non son os nosos orzamentos, e non aspiramos a que o sexan para votalos afirmativamente, pero si que trataremos de pactar algunha modificación consistente cos nosos principios liberais, a petición concreta que se lle fixo ao alcalde e á concelleira de facenda é que para contar co voto favorable de C21 aos orzamentos o governo municipal debe incluir na sua proposta a supresión do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana coñecido a nivel popular como "Imposto da Plusvalia", aquel que se paga cando se transmite por herdanza ou venda un terreo de natureza urbana.

Ainda que case todos o cobran, o imposto da plusvalia é un imposto potestativo, é dicir, cada concello pode decidir se cobra o non, parécenos un imposto especialmente inxusto xa que ven a actuar como un segundo imposto de sucesións cando o terreo de natureza urbana é herdado, así mesmo, sempre supón un desincentivo á compra venda de casas e edificios e portanto unha traba ao libre mercado dos mesmos, en aras a unha maior eficiencia na asignación de recursos a sua supresión supón remover un pequeno pero significativo obstáculo á prosperidade económica de Tui.

No proxecto inicial de orzamentos do concello para o 2016 o ingreso previsto por esta vía deste imposto é duns 70.000 €, no caso de aceptar o governo municipal a nosa petición, verianse obrigados a axustar o gasto en 70.000 €, quer en gasto de persoal, quer en gasto corrente, na parte de axuste desde C21 damos flexibilidade para que sexa o governo quen decida onde axustar, no proxecto inicial de orzamentos contemplase un aumento duns 100.000 euros en gasto de persoal, é verdade que departamento como urbanismo ou a policia precisan reforzos de persoal pero iso debería poderse facer sen incrementos orzamentarios xa que son moitas as prazas vacantes que xa estaban orzamentadas nos últimos orzamentos do governo de Moises Rodríguez.

É desde logo unha petición relativamente fácil de cumprir, de gobernar nós, fariamos outros orzamentos, pero desde a nosa habitual responsabilidade debemos buscar o equilibrio entre dar estabilidade ao goberno que nós investimos (por consideralo un mal menor con respeito á alternativa existente) e deixar a nosa pegada nos orzamentos. Non o podemos afirmar taxativamente, pero debe ser a primeira vez na historia recente de España, no que un partido pide para aprobar uns orzamentos unha rebaixa fiscal coa conseguinte diminución de gasto en lugar dun aumento de gasto co conseguinte, e que sempre se lle trata de ocultar aos contribuintes, aumento de impostos. Un exemplo moi claro da enorme diferenza que nas institucións pode facer un partido liberal como C21.

Agardemos que o governo acepte a nosa proposta, como dixemos, de ser aceptada, o grupo municipal de C21 votaría favorablemente o proxecto de orzamentos, de ser rexeitada, o noso voto sería negativo.

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-18044924796093033122015-11-30T10:17:00.001-08:002015-11-30T10:29:23.538-08:00Perante os orzamentos

O grupo municipal de C21 está á espera de poder aceder á proposta de orzamentos do goberno municipal que se debaterá no pleno correspondente a decembro. O alcalde tennos manifestado as liñas mestras do mesmo, coa mesma información que ten feito pública. Non vamos facer pública a nosa opinión sobre o orzamento en si ata que teñamos toda a información.

Queremos desde xa manifestar a nosa vontade negociadora, non son os nosos orzamentos, e non aspiramos a que o sexan para votalos afirmativamente, pero si que trataremos de pactar algunha modificación consistente cos nosos principios liberais, faremos públicas as nosas peticións ao goberno unha vez analisada e avaliada toda a documentación.

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-56829010852090645872015-11-19T03:35:00.003-08:002015-11-19T03:35:42.890-08:00Alegacións do grupo municipal de Converxencia 21 de Tui á Ordenanza reguladora da limpeza viaria e ornato público no concello de Tui Alegación 1ª:

Supresión do penúltimo parágrafo do artigo 20: “A actividade de libramento de desperdicios, esterco, xurro ou outros productos que xeren mal olor, co fin de abono da terra necesitará licenza municipal previa”

Exposición de motivos: non podemos condicionar a actividade agrícola tradicional das nosas aldeas ata desincentivala. Non é xusto nen pertinente que os propietarios de terras de labradío teñan agora que pedir licenza municipal para unha actividade que levan toda a vida facendo sen permiso, como é estercar as suas terras.

Alegación 2ª:

Modificación no artigo 21 no referido ás faixas (pancartas) e bandeirolas, así quedaría o artigo conforme á redación proposta por C21:

Artigo 21.—Carteis e anuncios

Os propietarios ou titulares de inmobles coidarán de manter limpas as paredes ou fachadas de calquera tipo de anuncio que non sexa o específico dunha profesión ou actividade mercantil.

A colocación de carteis, rótulos de establecementos ou anuncios realizarase na forma que se estableza na autorización ou licenza municipal que se outorgue ao respecto A colocación de carteis, rótulos de establecementos ou anuncios deberán reunir as seguintes condicións de ornato público:

a) Os materiais empregados deberán ser bronce, latón, cobre, aceiro inoxidable, ferro, ferro pintado, aluminio lacado, madeira, alabastro, granitos, mármores, pedra naturais e artificiais, xeso endurecido, formigón tratado, vidro, cerámica tradicional.

b) As dimensións serán as que, pola súa composición, permitan las proporcións dos espazos nos que se sitúen, sen que poidan superporse a elementos compositivos ou decorativos da fachada.

c) Autorizase o voo dos rótulos pegados ó paramento, sempre que non se supere un saliente superior a 0’10 metros respecto do paramento.

Autorizase o voo dos focos para a iluminación dos rótulos, sempre que non se supere un saliente superior a 0’40 metros respecto do paramento e se sitúen a unha altura mínima de 3’50 metros respecto da beirarrúa.

d) Poderán colocarse na planta baixa de edificios, con carácter xeneral; en planta primeira, se se sitúan nos entrepanos dos ocos; e en calquera outra planta, cando a totalidade do edificio teña un único uso.

Prohíbese a súa colocación en e sobre a coroación de edificios e en balcóns, varandas e antepeitos.

(aquí comezan as modificacións)

A colocación de carteis, pancartas, bandeirolas, panfletos, e calquera outra actividade publicitaria das reguladas no presente título, esta suxeita (engádega) á comunicación previa ao concello salvo nos periodos eleitorais nos que o concello se limitará a informar á Xunta Eleitoral de Zona dos espazos que disponibiliza para cartelería e bandeirolas.

A concesión da autorización municipal para os elementos publicitarios aquí definidos, levará implícita a obriga polo solicitante de limpar os espazos da vía pública que se tiveran ensuciado, e de retirar dentro do prazo establecido, todos os elementos publicitarios que se tivesen utilizado e os seus correspondentes accesorios.

(Supresión total do parágrafo que comeza: para a colocación ou distribución……..)

Prohíbese a colocación de carteis, bandeirolas, () rótulos, adhesivos, así como calquera outro elemento publicitario ou de comunicación fóra dos lugares que expresamente sexan autorizados polo Concello, (e en concreto nas fachadas dos edificios públicos ou no mobiliario ou equipamento urbanos p.e. farois, bancos, marquesiñas).

Prohíbese toda clase de formato publicitario, dos reguladas no presente título nos edificios cualificados como histórico ‐ artísticos, ou asimilados.

Exceptuaranse aqueles que fagan referencia ás actividades que teñan lugar no edificio, ou a obras de conservación, reforma ou rehabilitación deles.

(supresión de todo o texto desde “a colocación de pancartas e bandeirolas na vía pública soamente se autorizará” até o parágrafo que termina con “(..)para solicitar a correspondente autorización)

Prohíbese a colocación de pancartas e bandeirolas suxeitas ás árbores en calquera dos seus elementos.

(supresión de todo o texto desde “a solicitude de autorización para a colocación de pancartas(…)” até “(…)dos danos que puideran causarse como consecuencia da colocación de pancartas e bandeirolas”

As pancartas ou bandeirolas suxeitas aos elementos estruturais da vía pública, deberán situarse a unha altura mínima de colocación, medida no punto máis baixo, será de 5 m.,cando afecte a calzada ou aparcamentos, e de 3 m. en beirarrúas, paseos e outras zonas peonís.

(engádega) As pancartas e bandeirolas deberán ser retiradas pola entidade anunciadora (empresa, comisión de festas, partido político, etc) no prazo máximo de cinco días desde que finalizase o prazo para o que foron colocadas (periodo eleitoral, data da festa, etc) . De non facelo así, serán retiradas polos servizos municipais, imputándose aos responsables os custos correspondentes ao servizo prestado, sen prexuízo da imposición das sancións a que houbese lugar.

Exposición de motivos: as pancartas teñen tradicionalmente un uso fundamentalmente enfocado ao ámbito eleitoral, polo que por unha cuestión de garantismo non pode ser o concello, controlado por un determinado partido político, o que autorice ou desautorice o uso dun soporte publicitario de marcado carácter electoral, é evidente que pode haber conflito de intereses. Sí que ten lóxica porén manter a prohibición da sua fixación nas árbores ou regular a altura indicada para as colocar.

Tampouco estamos de acordo coa autorización previa para calquera actividade publicitaria, o que suporia case a sua prohibición de facto, algo pouco compatible coas liberdades fundamentais, suxerimos en troques, unha simple comunicación previa. A ordenanza debe conseguir unha responsabilización dos axentes que empregan a publicidade pero non un réxime leonino, cuase autoritario de autorizacións previas.

Alegación 3ª: Modificación do punto 7 das infraccións leves previstas no artigo 28.

Quedando así:

7.Colocar carteis fóra de lugares disponibilizados a tal efecto polo concello, ensuxar a vía pública con publicidade e a non retirada de pancartas ou bandeirolas no prazo previsto de 5 días despois da sua caducidade (remate da festa, data das eleccións, etc)

Exposición de motivos: compre modificalo para sermos consistentes coa proposta de modificación do artigo 21. A pretensión é, outra vez, ter potestade para castigar a quen mancha sen establecer un réxime fortemente limitador da actividade publicitaria.

Alegación 4ª: Modificar o punto 4 do epígrafe “c” onde se establecen as faltas moi graves.

Quedando así:

4. Librar desperdicios, xurro, esterco e productos similares que producen mal olor en fincas urbanas ou camiños.

Exposición de motivos: suprímese a referencia ás fincas rústicas, ao noso xuizo é un grave despropósito tratar de penalizar a un labrego por estercar os seus campos.

Alegación 5ª: Modificar parte do artigo 29, que quedaría así:

1.—Para as que teñan a consideración de leves, imporase unha multa de 200 euros.

2.—Para as infraccións que teñan a consideración de graves, imporase unha multa de 400 euros.

3.—Para as infraccións que teñan a consideración de moi graves, imporase unha multa de 800 euros.

Na ordenanza inicialmente aprobada hai manga ancha para a discrecionalidade do concello, xa que di “poderá impor unha multa” e tamén hai discrecionalidade na cantidade ao fixar só un importe máximo que nos parece moi elevado. Coa proposta do goberno na man o concello podería actuar con absoluta arbitrariedade é por iso que propomos unha rebaixa das sancións pero a “obrigatoridade” de impolas.

Grupo municipal de C21 no concello de Tui

En Tui, a 19 de novembro de 2015Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-29598050264359566562015-11-19T03:34:00.000-08:002015-11-19T03:34:01.666-08:00Alegación do grupo municipal de Converxencia 21 de Tui á Ordenanza municipal reguladora da convivencia cidadá nos espazos públicos do concello de Tui:

Alegación 1ª:

Modificación do Artigo 4.3 que describe os ámbitos que quedan fóra do regulado na ordenanza, a nosa proposta de redacción quedaría asi:

3) O exercicio dos dereitos de reunión e manifestación.

Exposición de motivos: coidamos que cumpre suprimir a mención ás comunicacións previas xa que o artigo 3.1 da lei 9/1983 di que “ninguna reunión estará sometido al régimen de comunicación previa”.

Grupo municipal de C21 de Tui

En Tui, a 19 de novembro de 2015

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-25600661898346948492015-11-18T10:53:00.003-08:002015-11-18T10:53:32.980-08:00Perante a visita da presidenta da deputación

O grupo municipal de Converxencia 21 quere facer público que non acudirá mañá á recepción á presidenta da Deputación de Pontevedra como forma de facer público e expreso o noso firme rexeitamento á mera existencia das deputacións provinciais, vestixio da España decimonónica, incompatible co Estado autonómico, niño de corrupción e de políticas clientelares. Un caso moi claro de ineficiencia no uso do diñeiro dos pagadores de impostos que PP e PSOE se empeñan en manter co único obxectivo de defender os seus intereses partidistas.

Grupo municipal de C21

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-14732722674172602512015-07-30T02:35:00.000-07:002015-07-30T02:35:01.663-07:00 ROGOS E PREGUNTAS. PLENO DO 30/07/20151. Comerciantes e veciños da Avda. De Portugal, na zona inmediata á antiga alfándega quéixanxe do abandono deste lugar por parte da Admon. Municipal. O desleixo incide especialmente na limpeza, no que afirman que o servizo municipal de limpeza opera no lugar en intervalos de 15 ou 20 días, véndose obrigados os comerciantes a limparen eles as beirarúas. Ademáis, o caso acentúase ao seren avistadas ratas de grandes dimensións sair dos sumidoiros. ¿ Dado que é un acceso non só ao noso concello senón tamén a entrada dun país, o novo Goberno municipal ten a vontade de colaborar para que esta avenida manteña un aspecto o máis decoroso e limpo posible?

2. Veciños do barrio de Bouza Valada, en Areas, mostran a súa preocupación ante a resposta dos conductores do autobús escolar que móstranse reticentes a seguir accedendo por un camiño cun firme afundido xa que pode causar danos no vehículo. ¿Podería o novo Goberno buscar a solución necesaria para que o transporte escolar poida seguir circulando por esa vía e evitar o conseguinte prexuízo para os escolares?

3. O aceso á Radio Municipal ten sido moi desigual entre goberno e oposición nas semanas desde que vostede é alcalde, cantas entrevistas leva na Radio o alcalde no que vai de mandato? como exemplo a alcaldesa de Tomiño leva duas entrevistas e oposición municipal de Tui, cero entrevistas, somos os contribuintes de Tui os que pagamos a Radio. Cando teñen pensado convocar o consello da Radio para fixar criterios a este respeito?

4. Ten pensado cumprir o mandato aprovado a iniciativa de C21 e co apoio, no anterior periodo, do seu grupo e dos demais que forman parten do actual goberno, de iniciar a tramitación para a construción dun hospital transfronteirizo?

5. Como está a tramitación do PECHA? Que horizonte temporal barallan para a sua aprobación?

6. E a peonalización do casco vello? Vana implementar cos criterios que tiña fixado o anterior goberno municipal? En caso de que non sexa así, cales serían os cambios? Que horizonte temporal se marcan para a sua implementación?

7. Cando ten pensado proceder ao nomeamento do capataz de vías e obras?

8. Parécenos bem que se eliminase a posibilidade de estacionar en frente do concello, sen embargo no lateral permanece aparcamento para autorizados, quen son eses autorizados? Só o alcalde? Todos os membros da corporación? Nengún dos anteriores?

9. Como ten pensado organizar e priorizar o mantemento do firme nas pistas do rural?

10. Hai algún estudio de fluxo turístico e comercial en Tui?

11. Hai unha demanda de viciños de Ribadelouro en relación ao acondicionamento do camiño que pasa perto do parque do Cotarel e por detrás de casa de Paco de Ribadelouro, ata os tractores quedan ali atrapados en inverno.

12. Pasamos a notificarlle algunhas deficiencias no asfaltado de pistas na parroquia de Randufe: o camiño do Barrio do Outerio que vai dirección Anta. Os viciños do Cotarel queixanse de falta de limpeza das beira-vias. Tamén hai queixas no bairro do Montiño, quedando deficiencias no asfaltado desde que se lles colocou o sumidoiro.

13. Hai queixas dos viciños da rua Ourense á altura da rua da Guarda sobre problemas na iluminación pública.

14. Dados os precedentes recentemente sentados, cal vai ser o futuro das festas populares á beira do río?

15. Os habitantes da cidade de Tui merecemos que dunha vez se acondicione unha praia fluvial en condicións no centro da cidade, non se pode seguir dicindo que hai problemas puntuais de contaminación na praia da mariña, compre facer algo ao respeito.

16. Teñen pensado proceder á implantación da administración electrónica? Que pasos van dar?

17. Que pasos está dando para solventar ou cando menos minimizar o problema xerado cos recibos atrasados da auga do 2013? especialmente no referido á falta de leitura do cuarto trimestre, ten pensado iniciar expedientes disciplinarios aos funcionarios responsables pola falta de leitura?

18. Pedimoslle a instalación dunha caixa de correo para cada grupo municipal da oposición, que permita aos cidadáns achegar documentación cando os concelleiros non nos encontremos nas dependencias municipais, tamén solicitamos a instalación dun teléfono fixo nas oficinas dos grupos municipais de tal maneira que poidamos realizar consultas com funcionarios ou outros concelleiros sen necesidade de peregrinar polo concello. No caso de C21 xa lle transmitimos que non precisabamos teléfono móbil do concello.

Grupo Municipal de C21Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-77650622834512427052015-01-06T11:49:00.001-08:002015-01-06T12:12:48.381-08:00Comunicado de prensa sobre novo centro de saude

Comunicado de prensa sobre a construción do centro de saude e asuntos colaterais.

-C21 sempre se ten posicionado en contra da ubicación prevista para o novo centro de saude, asi o expresamos en cada ocasión na que tivemos oportunidade. Compre lembrar que C21 non tiña representación no concello cando se decidiu ubicar o centro de saude na traseira da Area Panorámica, xa no ano 2008.

-Non concordamos coa ubicación polo estrangulamento que se produciria nas Ruas Casal Aboy e Colón. Se todo o entramado urbano colindante fose das mesmas características que a Rua Compostela a ubicación parecerianos correcta, compre lembrar que o urbanismo concentrado é máis económico e ecolóxico pero require unha planificación urbana da que carecemos.

-Se C21 non se ten sumado activamente a esa reinvidicación até a data é porque non compartimos que se deba construir un novo centro de saude en Tui en ningunha parte. Nen ai nen en ningún outro lado, parécenos moito máis sensato e sobre todo moito máis barato reformar o actual sempre que non haxa nengunha contraindicación técnica nen nengún problema estrutrural irresoluble no actual.

-Un novo centro de saude implica máis débeda e máis impostos sen que iso redunde nunha mellora da atención sanitaria, ao noso xuizo bastante deficiente, que recebemos os tudenses. En todo caso e como zona fronteiriza existiría a posibilidade de promover un hospital transfronteirizo, como o que se fixo na Cerdanya catalana para a atención de pacientes cataláns e franceses (galegos e portugueses no noso caso) e con financiamento europeo e dos Estados implicados. Ai xa estariamos falando doutra cousa, dun enorme salto cualitativo na atención sanitaria disponible, ora ben se estamos a falar do mesmo ambulatorio en canto a dotación de persoal, carencia de especialistas, carencias de medios de diagnóstico, etc. Mellor quedarnos como estamos pero con catro millóns de euros menos de débeda e de impostos.

-A paralización neste momento da construción do centro de saude supón esquecerse de facto e por moitos anos de ter un novo centro de saude, isto non representa nengún problema para C21, pero é evidente que se se logra paralisar agora este proxecto a Xunta tardará moitos anos en voltar a pensar en Tui para a construción dun novo ambulatorio. Portanto non é realista pensar, supomos que ninguén o fai, en que paralizar este proxecto implica que dentro dun ano, de dous ou de tres, haberá outro proxecto en marcha. Calquera que desde Tui queira impulsalo encontrarase durante moitos anos coa mesma resposta da Xunta, a vos xa se vos ia facer un ambulatorio e non quixestes, portanto agora caladiños e á cola.

-Se a plataforma quere ir a por todas e lograr a paralización da obra, na nosa opinión a via política non se pode saldar con éxito, non é realista crer que o goberno municipal e a Xunta que promove a obra vai paralizala agora e portanto cremos que quen aspire a paralizar a obra deberia aproveitar as carencias da tramitación administrativa e urbanística para pedir a suspensión cando menos cautelar mediante a presentación dun recurso contencioso-administrativo. C21 préstase a colaborar coa plataforma no aceso á documentación que precise.

-Hai defectos de forma na tramitación que dan posibilidades de éxito a esta estratexia, nomeadamente no referido á carencia de aparcamento no proxecto que se intenta subsanar mediante unha chapuzada ubicando prazas de aparcamento provisional en lugares impracticables a tal efecto como, por exemplo, a comunicación da rua Ourense coa rua Colón, á carencia da preceptiva proposta de acordo por parte do departamento de urbanismo, a que o expediente está sen foliar nen dilixenciar polo que o funcionario responsable non pode ter a certeza de estar informando un expediente completo. Estamos ante a habitual chapuzada administrativa do goberno local do PP.

-Hai críticas ao momento no que se pide a paralisación da obra, en todo caso esta culpa non é atribuible a quen solicita a paralisación porque xa levan un periodo de aproximadamente dous anos solicitándoa activamente.

-Compre non obstante ter en conta as implicacións reais de paralizar agora este proxecto son, e dicimolo para que despois ninguén trate de asignarnos certas responsabilidades que non nos corresponden:

1-Un tempo indeterminado probablemente longo co lugar da obra valado sen saber que iria pasar.

2-Ter que indemnizar ás construtoras adxudicatarias, é dicir un custo que iria aos petos dos sufridos  contribuintes tudenses.

3-A segura perda dos fondos Feder de financiamento da obra condicionados ao remate da mesma o  31 de decembro do 2015, de feito é moi probable que ainda sen paralización non se poida cumprir  este requisito xa que o tempo designado no proxecto para a sua execución é de 17 meses.

-Obviamente non se debería ter chegado a esta situación e a responsabilidade é do goberno municipal, porque agora todas as saidas teñen graves consecuencias, construilo é malo e non construilo tamén ten consecuencias, desde C21 coidamos que é peor construilo porque é un erro de imposible rectificación. Unha vez mais Tui chega a unha ruela de dificil saida.

Agrupación local de Tui de Converxencia 21

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-48686315207482113442014-05-29T05:38:00.001-07:002014-05-29T05:38:11.687-07:00ROGOS E PREGUNTAS. PLENO DO 29/05/2014Estes son os rogos e preguntas que presentamos no pleno de hoxe:

1. É vostede coñecedor de que hai un verquido ilegal de entullos contaminantes na parroquia de Malvas, máis concretamente na estrada de San Antoniño ao Aloia, no lugar de Buste? Rogolle que tome medidas ao respeito.

2. A data de hoxe, cantos demandantes de emprego logrou colocar o concello de Tui en Versmold no marco da colaboración coa vila alemá surxido do irmanamento entre Tui e Versmold? Que operativa está levando o concello neste asunto, é dicir, que recolle, tramita e envia as solicitudes?. Pido resposta a esta pergunta oralmente no pleno e tamén por escrito.

3. Fixo algunha xestión desde o último pleno, no que desde C21 lle preguntamos ao respeito, encamiñada a esclarecer a veracidade ou falsidade dos rumores que corren com respeito a unha suposta xestión fraudulenda do punto limpo?

4. Como levan a reflexión prometida sobre a mudanza de localización do mercado dos xoves?

5. Están facendo algunha xestión encamiñada a instalar unha marquesina na zona da corredoira onde para o autobus?

6. Ten pensado facer algo para frear o grande deterioro do paseo fluvial? Houbo unha obra para solucionar as filtracións que provocan corrimentos de terra e non se solucionou o problema, que pensa facer ao respeito? O paseo de madeira propiamente dito está nunha condición paupérrima, ten intención de arranxalo?

7. Xa pasaron dous meses desde o anterior pleno ordinario, como leva a negociación da cesión do dominio tui.es coa empresa de viaxes Tui?

8. Que pasos está dando para a implementación da admistración electrónica en Tui? Que obxectivo temporal ten para a sua posta en práctica?

9. É vostede consciente de que hai poquísimos casos nos que un escrito presentado por un cidadán neste concello é respondido? Que opina do prexuizo que se lles produce, aos que cos seus impostos sosteñen o concello, coa inoperancia xestora do goberno local do PP?

10. É consciente da alarma social e do desgaste político que se está xerando na cidadania coas cantidades tan elevadas e non correspondentes coa sua produtividade que cobra de concello e deputación provincial?

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-29773394877370944712014-04-06T06:39:00.004-07:002014-04-06T06:39:18.433-07:00PROPOSTA PLAN DE REORDENACIÓN E AFORRO DE ILUMINACIÓN PÚBLICAPleno 27/03/2014

Dado que:

-España ten o consumo máis alto en alumeado público de Europa, con tres veces maior consumo que o de Alemaña e 115 kilovatios / hora por habitante.

-En Tui temos algunhas zonas sobreiluminadas.

-Pódense racionalizar os horarios de acendido.

-Non é infrecuente ver luces acesas de día e tamén hai tecnoloxia para evitar isto.

-Hoxe disponse de tecnoloxía que permitiria diminuir drasticamente o consumo por cada punto de luz.

-O subrecusto enerxético sobrecusto supón un lastre para as posibilidades de recuperación económica do País.

-A administración pública castiga, unha vez máis, coa sua ineficiencia os petos dos sufridos contribuintes xa que non fan máis que sufrir subidas de impostos para sufragar a incompetencia e os privilexios dos dirixentes políticos do statu quo.

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN

1)Que poña en marcha un plan de iluminación para o concello con vistas a diminuir drasticamente o custo enerxético mantendo uns niveis aceptables de iluminación.

2)Que pare este fin instale mecanismos automáticos de acendido e lampadas de inferior consumo.

3)Que non ilumine máis ás parroquias onde máis votos ten, senón que demostre que é o alcalde de todos e non so dos que lle votan iluminando dunha forma equilibrada e xusta as diversas zonas do concello.

Asinado: Carlos Vázquez Padín

Voceiro municipal de Converxencia 21Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-40228701546603907652014-03-28T07:06:00.001-07:002014-03-28T07:06:25.266-07:00PROPOSTA DE PLAN DE SINALIZACIÓN MUNICIPAL

A continuación a proposta en forma de moción presentada no pleno de onte, 27/03/2014 para facer un plan de sinalización.

Dado que:

-A
sinalización da maioria de lugares no rural do noso concello
presenta carencias.

-Que
iso supón algúns problemas, nomeadamente para os servizos de correo
e mensaxeria.

-Que
hai moita sinalización que non cumpre a lei de normalización
linguística e que está exclusivamente en castelán, incluindo
topónimos como Rebordanes, sinais de “playa fluvial”, ruas do
casco vello onde en lugar de Rua Bispo Lago, Rua Bispo Castañón,
etc podemos ler unha mixtura de castelán e galego como Rua Obispo
Lago, Rua Obispo Castañón, etc.

-Que
unha sinalización armoniosa e correcta das ruas e lugares do
concello contribue a facilitarlle a vida á xente e a facer o
contorno máis atractivo.

Converxencia
21 de Tui propón:

-A
elaboración dun plan xeral de sinalización do concello.

-Que
no plan se respeite a toponimia galega oficial e a lei.

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-37837885946260853362013-10-07T09:15:00.001-07:002013-10-07T09:15:07.708-07:00Sobre o Convenio para os traballadores laborais do concello.

INTERVENCIÓN DO NOSO CONCELLEIRO EN RELACIÓN AO CONVENIO ASINADO POLO CONCELLO COS TRABALLADORES LABORAIS

Este convenio é un verdadeiro despropósito, unha especie de carta aos reis magos escrita polos sindicatos sen nengunha oposición por parte do goberno municipal do PP e que para comezar e como sinala o interventor carece dunha valoración económica do custo que tería a concesión dos privilexios que o acordo recolle. Aprobar sen negociación e sen defensa dos intereses dos contribuintes que financian o concello un convenio asi supón unha enorme falta de responsabilidade. Desde logo o concelleiro de persoal debeu ir á mesa de negociación a todo menos a negociar.

O convenio fala de numerosas posibilidades de reducción da xornada, como a redución dunha hora nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, pero en ningún momento de cal é esa xornada, e de que forma os traballadores deberian recuperar esas horas.

É moi grave que o convenio pretenda establecer unha via que non se axusta a dereito de aceso á función pública do persoal laboral que fique á marxe das ofertas de emprego público, unha especie de estrada privada á que o público non pode aceder. Outro privilexio que o convenio pretende establecer.

Seguimos con privilexios; segundo o convenio o traballador encadrado na segunda actividade conservaría as retribucións como se tal cousa. Que fácil é despilafarrar o diñeiro que confiscan vostedes aos pagadores de impostos cada vez con máis agresividade.

Suma e segue, vostedes pretenden que o resto dos contribuintes, moitos dos cales teñen enormes dificultades para cotizar á seguranza social financien a seguranza social daqueles empregados laborais municipais que chegados aos 65 anos non teñan cotizado o tempo regulamentario. É dicir o que non rixe para o resto dos traballadores vostedes pretenden que rixan para os laborais do concello, estamos perante a clásica inxustiza preconizada polos sindicatos e asumida polo partido popular, naturalmente a custa dos demais.

Ademais este convenio conculca diversas normas ao non contemplar a regra que prohibe o aumento da masa salarial do concello.

Hai cousas até simpáticas, como a posibilidade de ausentarse o dia de Santa Rita, e se coincide con festivo pois trasladar a celebración, é a primeira vez que vexo un cambio de datas de celebración dun patrono, todo sexa feito con tal de folgar un pouco.

A consolidación de emprego temporal e interino e procesos de funcionarización outorgalle unha serie de privilexios e vantaxes ao persoal laboral con respecto a outros pretendentes ás prazas de funcionarios, de feito instaurase o método de concurso-oposición, onde se protexe aos interinos frente á concorrencia pública, isto obviamente é un privilexio.

Non ten nengún sentido que sexa o concello e non o propio traballador através do seu banco, o que transfira as cotas sindicais.

En definitiva o convenio fala moito de dereitos e garantias, palabras que en ocasións camuflan a concesión de privilexios a conta do pagador de impostos pero fálase moi pouquiño dos deberes do persoal.

E olliño coa clausula adicional terceira, na que di que a corporación se compromete a orzamentar todo o necesario para garantir todos os aspectos económicos do presente convenio colectivo, é dicir, quen vote hoxe afirmativamente este convenio está comprometendose a incumprir a normativa estatal a respeito do non aumento da masa salarial e da estabilidade orzamentaria.

O voto de C21 será negativo.

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-60060203253493095122013-10-04T05:04:00.001-07:002013-10-04T05:10:19.313-07:00VOTO PARTICULAR RELATIVO Á DESIGNACIÓN DE FESTIVOS LOCAIS.

VOTO PARTICULAR APRESENTADO POR C21-Tui REFERIDO AO DICTAME DA COMISIÓN DE CONTAS DO DÍA 19/09/2013 NO RELATIVO Á DESIGNACIÓN DE FESTIVOS LOCAIS E PRESENTADO NO PLENO DO 26 DE SETEMBRO, CO VOTO A FAVOR DE C21, VOTO CONTRARIO DE PP, PSOE E BNG, E ABSTENCIÓN DE AT.

En relación á fixación dos feriados locais, desde C.21 propomos mudar o feriado do martes de entroido para o luns de entroido e isto é pola mesma razón pola que as organización empresariais propuxeron no seu dia pasar os festivos aos luns para promover desta maneira a produtividade nas empresas e a competitividade da economía.

O propio presidente do goberno, Mariano Rajoy, dixo na sua investidura que sería conveniente trasladar os festivos aos luns, asunto que como moitos outros o PP foi incapaz de implementar ata dia de hoxe e que desde logo, como demostra a proposta da alcaldia de Tui, non é algo asumido e interiorizado polos membros do seu propio partido.

Pór o feriado en martes implica baixar a produtividade de alunos, profesores, funcionarios, empregados de todo tipo, etc. Está demostrado que os luns é un dos días de menos produtividade da semana, xunto cos venres, pondo o feriado en martes, ese luns é unha mistura de luns e de venres, ademáis de crear outro luns, en termos de produtividade, que sería o mércores posterior ao festivo.

Non é serio seguir lamentándose da crise e dos problemas que atravesa moita xente se despois non facemos todo o que podemos por combatela, mesmo pequenas cousas como esta.

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2310372529768527633.post-89836418478059601322013-06-10T04:07:00.000-07:002013-06-10T04:10:20.015-07:00Entrevista a @carlosvpadin na @radiomtui o 10/06/2013Eis o audio da entrevista na que o noso voceiro municipal falou dos orzamentos do concello e fixo balance da situación municipal.

<object class="hark_player" height="28" width="300">
<param name="movie" value="http://cdn.hark.com/swfs/player_fb.swf?pid=xqyhsyckyn" /> </object>

Unknownnoreply@blogger.com0