Desde C21
valoramos negativamente tanto este orzamento como a evolución na
política orzamentaria deste goberno municipal desde o 2011, o
primeiro que nos chama poderosa e negativamente a atención é o
aumento orzamentario con respecto ao primeiro orzamento que vostedes
trouxeron a aprobación a primeiros de ano, sei que me van dicir que
é polas transferencias, pero claro, o diñeiro das transferencias
corresponde a unha previsión de maiores ingresos de facenda e desde
logo nun contexto como o actual, onde familias e empresas se están
descapitalizando a marchas forzadas que apareza unha administración
pública dicindo que recada máis por impostos, pois que queren que
lles diga, pois simplemente que son vostedes e o seu partido o que
está retrasando a saida da crise por negarse a cortar o gasto
público e a baixar impostos.
Ademáis
aumenta a previsión de ingreos por impostos directos, (de 2.342.968
a 2.479.102, o que representa unha suba do 5,81%) é dicir o Estado
aumenta o esforzo fiscal que lles exixe aos contribuintes tamén,
algo realmente bochornoso e que lle da a razón a C21 cando nos
referimos ao sector público, especialmente ás decisións que toman
os partidos que controlan o Estado, o verdadeiro lastre que nos
impide sair da crise, vostedes a nivel municipal reproducen o esquema
de comportamento confiscatorio e antiliberal dos seus xefes en Madrid
e Santiago de Compostela.
É
espectacular a queda dos investimentos reais desde que vostedes
gobernan, de 2,275,729 € orzados en 2011, a 1,417,265, no 2012 a
tan só 250,067 no 2013. Desde o 2011 os investimentos caen en
-2.025.662,05 €, a frioleira dun -89,01%, é impresionante, xa que
ata en termos absolutos os investimentos caen máis que o volume
orzamentario total, que cae en -1.840.330,24 € e porcentualmente un
-17,32%. Resumindo, se obviamos os investimentos o orzamento total do
concello teria subido neste periodo trianual.
No anterior gráfico vemos como evoluen entre o 2011 e o 2013 o orzamento total (azul), os impostos directos (vermello), os gastos de persoal (amarelo), as transferencias correntes (morado) e os investimentos reais (verde).
A
interpretación política deste feito tan chamativo é moi sinxela,
manteñen as suas estruturas clientelares o que explica que sexan
incapaces de axustar gasto de persoal e corrente e sacrifican o
investimento que é o que podería ter un efecto multiplicador.
Gasto de
persoal e corrente soben con respecto aos orzamentos do 2011 e do
2012.
Un elemento
positivo deste orzamento é a liquidación do único pasivo
financeiro que ficaba coa banca. De feito iso é o que teñen que
facer as administracións desendebedarse, sanear o seu balance
contribuindo así a sanear o balance da banca e por tanto axudando ao
restablecemento do crédito e a que a inciativa cree emprego e
riqueza. Tamén os podemos felicitar por inspirarse na proposta de
C21 no que se refire a non cobrar 5 cotas nun ano de auga, lixo e
sumidoiros. Ainda que teria sido mellor solución comezar a cobrar ao
dia renunciando aos dereitos de cobro atrasados, é dicir, unha
anmistia fiscal pero non aos defradaudadores, como gosta de facer o
Partido Popular, senón a todos os cidadáns por igual.
Compensan a queda de impostos indirectos, aqueles que dependen da
atividade económica, nomeadamente o ICIO coa suba dos directos, é
dicir, nun momento no que familias e empresas sofren maiores
problemas de liquidez vostedes o que fan é financiarse con
incrementos da carga fiscal sobre eles. Demostrando unha vez máis
que a administración non é axente da recuperación económica senón
o principal atranco para a saida da crise.
Volta a subir o gasto en iluminación pública, despois de ter
afirmado vostedes en varias ocasións que tomarían medidas
encamiñadas a axustar este capítulo de 422.104 a 479.763 Euros,
desde logo é moi chamativo este asunto, cando sería relativamente
fácil rebaixar a factura da iluminación pública limitando o
horario de acendido e posteriormente ir investindo en lámpadas de
baixo consumo, desde C21 levamos insistindo neste asunto desde o
inicio do mandato, pero non só non nos fan caso senón que ano a ano
continuan incrementando o gasto neste capítulo, estamos falando dun
capítulo que supón por si só, máis dun 5,46% de todo o orzamento,
desde logo ou son vostedes moi incompetentes por non ter detectado
unha fonte moi importante de aforro neste asunto, ou hai gato
encerrado.
O fomento do emprego pasa de 195.699 € a 393.518 € Saben que lles
digo do fomento do emprego, que o sector público só destrue emprego
cando trata de fomentalo con politicas de estimulo, a evolución da
crise ate hoxe indicao con claridade, e que farían vostedes o
correcto se lle aforrasen ese diñeiro aos contribuintes e
aproveitasen ese aforro para baixar impostos, asi é como se crearía
emprego, só haberia un problema para vostedes, seria máis dificil
vender o favor, haberia menos desemprego pero iso non é o que lles
importa a vostedes, o que lles importa é crear uns poucos empregos
de forma directa vendendo o favor mentras contribuen a destruir
moitos máis na economía privada, permitanme que lles diga algo;
xeran pobreza e despois alimentase politicamente dela.
Isto e como o alpendre que colocaron na praza da inmaculada para
dicir que queren potenciar o comercio, o comercio está asfixiado
polas suas subas de impostos que retraen o consumo, o que teñen que
facer é baixar os impostos e baixar o gasto púbico e deixar de
montar chiringos que paga o contribuinte para que vostedes coloquen a
uns cantos paniaguados do PP, se non hai renda disponible non hai
consumo, convén que a xente se decate de que eses telderetes sirven
para colocar a uns cantos amigos seus a custa dos sectores produtivos
deste País.