A continuación a proposta en forma de moción presentada no pleno de onte, 27/03/2014 para facer un plan de sinalización.
Dado que:
-A
sinalización da maioria de lugares no rural do noso concello
presenta carencias.
-Que
iso supón algúns problemas, nomeadamente para os servizos de correo
e mensaxeria.
-Que
hai moita sinalización que non cumpre a lei de normalización
linguística e que está exclusivamente en castelán, incluindo
topónimos como Rebordanes, sinais de “playa fluvial”, ruas do
casco vello onde en lugar de Rua Bispo Lago, Rua Bispo Castañón,
etc podemos ler unha mixtura de castelán e galego como Rua Obispo
Lago, Rua Obispo Castañón, etc.
-Que
unha sinalización armoniosa e correcta das ruas e lugares do
concello contribue a facilitarlle a vida á xente e a facer o
contorno máis atractivo.
Converxencia
21 de Tui propón:
-A
elaboración dun plan xeral de sinalización do concello.
-Que
no plan se respeite a toponimia galega oficial e a lei.