No pleno do 30 de maio, sairon adiante dous votos particulares presentados por C21 sobre a ordenanza de venda ambulante que se sometía a votación.
O primeiro voto particular pretendiar limitar a discrecionalidade e posible arbitrariedade do alcalde na concesión de postos de venda fóra da área delimitada:
PROPOSTA ORIXINAL PP: artigo 5, onde se lle volta a dar campo para a
arbitrariedade do concello, onde se di: "fora do recinto
destinado á venda ambulante non se permitirá a mesma, agás
naqueles supostos, que de forma temporal e provisional, acorde
conceder o alcalde da corporación, que o fará en cada caso de forma
discrecional"
PROPOSTA C21: "fora
do recinto destinado á venda ambulante non se permitirá a mesma,
agás naqueles supostos, que de forma temporal e provisional, acorde
conceder o alcalde da corporación, que o fará en cada caso de forma
debidamente xustificada, non podendo conceder autorización
nun lugar que previamente lle foi denegado a outra persoa"
A proposta de C21 foi aprovada por unanimidade dos 14 concelleiros presentes no pleno (9 PP, 3AT, 1 PSOE e 1 C21).
O segundo voto particular pretendía evitar o absurdo de que quedasen proibida a venda na feira dos produtos alimenticios de fóra da comarca, C21 defende o mercado libre como mellor mecanismo de asignación de recursos en beneficio do conxunto da sociedade.
PROPOSTA ORIXINAL PP: "queda prohibida a venda de produtos
alimenticios en xeral, a excepción dos propios do campo da zona ou
comarca"
PROPOSTA C21: Supresión da anterior frase.
A proposta de supresión da mencionada frase foi aprovada por unanimidade dos 14 concelleiros presentes no pleno (9 PP, 3AT, 1 PSOE e 1 C21).
Nenhum comentário:
Postar um comentário